16.5.06

O poema da semana

Nesta Semana das Letras Galegas, o "Recanto da poesía" que temos no punto de lectura do instituto acolle un poema do libro Os soños na gaiola (1968), de Manuel María.

GALICIA

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Nunca nos imos librar de ser os gaiteiros e os labregos con este tipo de poemas.A miña ignorancia impídem saber se en Andalucía teñen tantos poemas nos que se representan os toros, por exemplo, como se fai nos poemas galegos cos gaiteiros, os labregos e ese tipo de cousas. Algúns lles parecerá unha desfachatez dicir esto da miña terra, outros pola contra, estará de acordo conmigo en que que se fixeran tantos poemas dese tipo ademáis de potenciar a visión de Galicia que teñen fóra de sermos todos gaiteiros e labregos, é impulsar a nosa imaxe de como soese oír paletos. Hai en Galicia enxeñiros, médicos,guitarriastas,camareiros...?
Este mensaxe non ten animo provocativo, e por se alguén opina que si, en todo caso prvoca a unha deliberación non a unha discusión. Para rematar quero expoñer un pensamento en contra do chamado nacionalismo galego, supoño que alguén estará de acordo en que non hai que ser galeguistas e que abonda con ter conciencia de ser galegos, e non sendo menso galego uns cós outros por non falaren galego.

Anónimo dijo...

Creo que no poema hai unha mensaxe que mantén plena actualidade e vixencia (Galiza somos todos e cada un de nós)e que está moi por riba do exceso de ruralismo ou folclorismo que atopas no texto (e non esquezas que é do ano 1968).

Anónimo dijo...

Coido que primeiro usuario anónimo debería ler o poema amodiño e ata o final, sen deixarse levar polos seus prexuízos.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala.