![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjwKAhKV6UTIdsNSKZfN0JVvbhjz9Uf3gTSelLoAxMDL-fyhTiFc-Xqa-_IzHB4QUMgAZe9d3inJ7uESWE74juSCI1GfsJzg95cbdno5dILzLU-W3m-m9oCiTxgHbHJ85XOL0AkRQ/s320/Cartas.jpg)
Botamos a andar unha nova proposta de dinamización dentro das actividades do club de lectura:
4x4, lectores e lectoras todoterreo. O alumnado ten ao seu dispor na biblioteca 20 lotes de catro exemplares do mesmo título co obxectivo de que formen grupos de catro persoas para levalos en préstamo, lelos e logo deixar comentarios e opinións no
club de lectura virtual. Podedes contestarvos uns a outros e facer entre vós un pequeno club de lectura aberto que poida convidar a ler a outros compañeiros e compañeiras. Entre os 20 títulos seleccionados para esta iniciativa temos, por suposto, dous libros de Agustín Fernández Paz:
Contos por palabras, para o 1º ciclo de ESO, e
Cartas de inverno, para o 2º ciclo. Animádevos a compartir unha destas lecturas todoterreo.