10.12.09

Que? Quen? Cando? Como? Onde? Canto?


Hoxe comeza o xogo de busca da biblioteca deste trimestre. Desde hai un par de semanas nas paredes do instituto agromaban seis preguntas: QUE? QUEN? CANDO? ONDE? CANTO? COMO? Agora, durante unha semana, os grupos participantes terán que responder cada día unha ficha con seis preguntas de diferentes temas. Hoxe faise pública a primeira quenda de preguntas, relacionadas coa materia de Educación Física:

QUE simbolizan os cinco aros da bandeira olímpica?

QUEN gañou a proba de salto de lonxitude nas Olimpíadas de México en 1968?

CANDO aparece por primeira vez aplicada a un deporte a palabra bádminton?

ONDE tivo lugar a olimpíada na que se celebrou por primeira vez unha competición de florete feminino por equipos?

CANTO era o capital da Sociedad El Gimnasio de Vigo en decembro de 1880?

COMO se chamaba o alcalde que presidiu as Olimpíadas de Verán do ano 1976?

As respostas deberán entregarse na caixa de xogos que hai na biblioteca no recreo do próximo luns.