
Imos aproveitar este novo espazo para convidarvos a participar na segunda sesión do noso club de lectura o 24 de maio, ás 20,00h na biblioteca do instituto. Igual que fixemos xa a finais de marzo con
Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz, ímonos xuntar de novo para falar de
Erros e tánatos, un volume de relatos de
Gonzalo Navaza publicado no ano 1996. Tamén desta vez imos ter a oportunidade de contar coa presenza do autor. Anímate a celebrar esta Semana das Letras Galegas lendo
Erros e tánatos e achégate o día 24 á nosa biblioteca para compartirmos conversa. Se xa o liches, convidámoste a que vaias deixando aquí os teus comentarios sobre o libro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario