26.11.09

Volve o club de lectura Auga da Laxe

Estamos preparando a sesión trimestral do noso club de lectura, no seu cuarto curso de vida. Neste caso o libro escollido é Barro de Medellín, de Alfredo Gómez Cerdá, novela gañadora do premio Ala Delta e do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

A sesión presencial será o luns 14 de decembro, de 15:00h a 17:00h. Todos os membros do club quedaremos a xantar xuntos no instituto e logo continuaremos coa sesión de conversa arredor desta lectura compartida. Mentres imos lendo, deixámosvos máis información sobre o libro e sobre os parques biblioteca de Medellín no noso club de lectura virtual.

25.11.09

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe é o Día contra a violencia de xénero. Na biblioteca do IES Sánchez Cantón (Pontevedra)elaboraron este vídeo, que vos ofrecemos nós tamén desde aquí para axudar á necesaria reflexión sobre o tema da violencia contra as mulleres. No punto de lectura do noso instituto tedes tamén algún material para ver e ler estes días.