12.5.06
Nace Bibliolaxe
Desde a biblioteca do instituto queremos celebrar a Semana das Letras Galegas poñendo ao voso dispor un novo espazo para compartirmos as nosas lecturas: o blog Bibliolaxe. Queremos que sexa un lugar de encontro para dar conta das novidades que entran na biblioteca, para recomendar libros, para comentar, para opinar, suxerir, preguntar ou informar sobre todo o que teña que ver co mundo do libro e a lectura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
9 comentarios:
Quero recomendar un libro que entrará na biblioteca do centro, penso que en pouco tempo. É un testimonio da vida, do amor e a amistade. Co libro aprenderedes a vivir ou se cadra a ver as cousas doutra maneira. O título é Martes con mi viejo profesor de Mith Albom, desconozco se existe unha versión en galego.
Eu tamén lin "Martes con mi viejo profesor" e coincido contigo na recomendación. Toda unha lección de amizade.
Eu tamén lin ese libro. É unha verdadeira lección sobre a vida. Ó rematar de lelo cheguei a conclusión de que o que realmente importa é estar vivo.
Quero reconmendar outro libro que acabo de reler. Trátase dun libro de literatura xuvenil, con el podrás enfadarte, rir e chorar.Consideroo o mellor libro de literatura xuvenil e de todos os que coñezo. Ó afortunado que lea esta recomendación convidoo a que o lea, non se arrepentirá. O título é " Vigo es Vivaldi", neste caso tamén descoñezo se existe edición en galego. O autor é José Ramón Ayllón. Atentamente RaSpEtAmAn
Quero recomendar outro libro, non tan bó como os recomendados anteriormente, ó meu parecer, pero non menos interesante por sio. "Y decirte alguna estupidez, por ejemplo te quiero" de Martín Casareigo Córdoba. Non deixedes que morra esta sección coño, que hay que culturizarse.
Levas razón. Non só non debemos deixar que morra esta sección senón que deberiamos darlle maior protagonismo á posibilidade que ofrece este espazo para recomendar lecturas.
Felicidades pola iniciativa, un pracer para min descubrir outro biblioblog.
Saúdos novos alumnos e alumnas no Auga da laxe, aos afortunados que coñezan esta sección da web...
O asunto é o seguinte: en moitos lugares oese que galicia sofre un ancestral retraso.
As ganas de chorar que isto produce son considerables, pero as ganas de que cambien esta visión de nós é aínda maior. Para facelo hai que apoiar e intervir en proxectos coma este, desmostrarlles cos nosos coñecementos que de retraso pouco hai.
Non serve de nada quedarse queto esperando a que se dean conta, hai que ler e estudiar máis ca eles para que se decaten. Asi que... ¡todos a ler coma condenados!
Hoxe día 3 de outubro tivo lugar a presentación do libro " Memoria de poeta" de Xosé Manría Álvarez Cáccamo na librería Libraida de Gondomar. O trasncurso do acto foi da man do escritor afincado en Peitieiros Gonzalo Navaza. Este fixo una sinómpse do libro con entusiasmo e paisón. E polo propio autor do libro, o cal contou algunhas anécdotas que aparecen no libro e que ocorreron na súa vida real.
A obra de arte é unha especie de autobiografía fruto dun encargo que lle fixeron a Pepe (como lle chamaba Gonzalo a Xosé María).
Para contruír o libro -de poesía como ben claro queda co título- o autor tivo que documentarse con arquivos que gardaba minuciosamente desde rapaz.
Publicar un comentario