Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAMBE. Mostrar todas las entradas

10.10.09

Outubro: mes da biblioteca escolar

Outubro é o mes escollido pola IASL (International Association of School Librarianship) para destacar o traballo que as bibliotecas escolares desenvolven ao longo de todo o curso co obxectivo de fomentar aS lecturaS e apoiar os procesos de aprendizaxe que se desenvolven nos centros de ensino. Outubro tróuxonos o comezo da hora de ler, trouxo a resolución do Plan de Mellora de Biblioteca Escolares 2009/10, traerá un programa de visitas do alumnado á biblioteca, traerá en Gondomar as xornadas Lendo en familia de Espazo Lectura e traerá tamén os días 23 e 24 en Compostela as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2009, nas que estaremos para aprender e mellorar así o noso traballo. Non todo en outubro vai ser a caída da folla...