Onte comezou o xogo do álbum de cromos. Na edición deste ano os cromos que debe conseguir o alumnado participante son 24 portadas de libros de Agustín Fernández Paz. Como xa ocorría o curso pasado, os sobres de cromos poden obterse participando nun xogo de preguntas que temos nos recreos na biblioteca e deixando recomendacións de lecturas na caixa de xogos da biblioteca ou no blog do club de lectura virtual. Os primeiros cromos e o álbum deste ano, que leva por título Os ríos de palabras de Agustín Fernández Paz, están xa nas mans dos 22 alumnos e alumnas que están participando e que seguirán xogando até o xoves da próxima semana. Que haxa sorte!
Mostrando entradas con la etiqueta Álbum de cromos. Mostrar todas las entradas

25.3.09
Comezou o xogo do álbum de cromos
Onte comezou o xogo do álbum de cromos. Na edición deste ano os cromos que debe conseguir o alumnado participante son 24 portadas de libros de Agustín Fernández Paz. Como xa ocorría o curso pasado, os sobres de cromos poden obterse participando nun xogo de preguntas que temos nos recreos na biblioteca e deixando recomendacións de lecturas na caixa de xogos da biblioteca ou no blog do club de lectura virtual. Os primeiros cromos e o álbum deste ano, que leva por título Os ríos de palabras de Agustín Fernández Paz, están xa nas mans dos 22 alumnos e alumnas que están participando e que seguirán xogando até o xoves da próxima semana. Que haxa sorte!
Etiquetas:
Álbum de cromos,
bibliopuntos,
dinamización
4.6.08
Gañadores do xogo do álbum de cromos
Finalmente foron 18 os alumnos e alumnas que conseguiron completar o álbum de cromos dentro do prazo establecido. Realizado o sorteo, os gañadores dos dous cheques de 50 euros para gastar nalgunha libraría de Gondomar foron Sabela Vilar (1ºESO-A) e Pablo Durán (1ºESO-C). Os nosos parabéns!!
Repartíronse en total 437 sobre de cromos, con 3 cromos cada un, o que supón un total de máis de 1.300 cromos en circulación. Os catro alumnos que máis cromos conseguiron foron Enrique Crespo con 38 sobres, Sabela Vilar con 30, Federico Villar con 27 e Camila Álvarez tamén con 27. Os nosos parabéns tamén para estes compañeiros que, levasen o cheque ou non, foron os que máis preguntas responderon nos recreos e os que máis recomendacións de lecturas deixaron tanto na biblioteca como no blog.
Todo o alumnado participante recibiu unha mochiliña cun caderno de viaxe no que poderán ir recollendo as súas lecturas de verán. Agardamos que algunhas desas lecturas cheguen tamén aquí, ao noso blog, en forma de recomendacións, para non perdermos ese hábito adquirido durante o xogo de compartir libros cos demais. Así todos saímos gañando.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos últimos momentos do xogo e do esperado sorteo de cheques na biblioteca. Grazas a todos e a todas vós por participar con tanto entusiasmo!!

26.5.08
Os últimos cromos
Hoxe entregamos os últimos sobres do xogo do álbum de cromos da biblioteca. Foron dúas semanas de intensa actividade para todos os alumnos e alumnas que participaron: responderon 291 preguntas na biblioteca nos recreos, deixaron 82 recomendacións de lecturas na caixa da biblioteca e case 200 no noso blog. Sabemos que xa hai dous álbums completos, con todas as portadas de libros, pero quedan aínda un par de días para que intercambio de cromos que tan ben funcionou nestas dúas semanas dea os seus últimos froitos. O mércores no recreo remata o prazo para entregar o álbum e poder entrar no sorteo dos dous cheques de 50 euros para gastar nalgunha das librarías de Gondomar.
Deixámosvos aquí algunhas fotos e convidámosvos a que nos contedes o que vos pareceu o xogo para facermos avaliación entre todos desta actividade que revolucionou a biblioteca durante dúas semanas.

12.5.08
O álbum de cromos da biblioteca
Hoxe comeza o xogo do álbum de cromos da biblioteca, dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Temos anotados 53 alumnos e alumnas que a partir de hoxe comezarán a xuntar e a intercambiar os cromos -portadas de libros- que poderán pegar no álbum que lles demos seguindo as pistas que nel figuran. Hai tres xeitos de conseguir os sobres de cromos:
1. Participando nun xogo de preguntas que teremos todos os recreos na biblioteca.
2. Deixando unha recomendación dalgún libro no club de lectura virtual, ao que podedes acceder picando na ligazón que atoparedes no panel lateral deste blog.
3. Deixando unha recomendación de lectura na caixa que hai na biblioteca. No taboleiro atoparedes unhas fichas para facelo. Esas recomendacións poñerémolas logo no novo panel que hai á entrada da biblioteca.
Agardamos que este novo xogo sexa divertido e que vos permita coñecer mellor a biblioteca e compartir con todos as vosas lecturas favoritas.

As vosas recomendacións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)