
O próximo luns, 4 de abril, teremos unha nova sesión do club de lectura Auga da Laxe. Nesta ocasión o libro proposto é
Palabras de Caramelo, de
Gonzalo Moure, unha novela que nos presenta a relación de amizade entre Kori, un neno saharauí xordomudo de oito anos, e un camelo. Unha historia de silencios e palabras, de conversas coas mans e co corazón, de amizade e de dor. Unha historia que nos levará ata Smara e que nos permitirá achegarnos á vida cotiá dos campamentos de refuxiados de Tinduf, onde vive o pobo saharauí, ese pobo que
Gonzalo Moure visita con frecuencia nunha relación tamén de amizade, que o levou a participar en proxectos tan fermosos como o
Bubisher. Alí, en Smara, é onde Kori vai á escola e devece por aprender a escribir.
Deixámosvos aquí algunhas imaxes da
sesión do trimestre pasado, cando nos xuntamos para falar de
A mansión dos Pampín, de Miguelanxo Prado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario