A mansión dos Pampín, de
Miguelanxo Prado, será a lectura proposta para a próxima sesión do club de lectura Auga da Laxe, que terá lugar o luns, 20 de decembro, de 15:00h a 17:00h. Nesta ocasión achegarémonos a un álbum de banda deseñada no que se fala de caos urbanístico e de feísmo arquitectónico en clave de humor, unha interesante proposta que formou parte do
Proxectoterra, promovido polo
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
Na biblioteca tedes exemplares ao voso dispor. Tamén se pode ler
aquí e mesmo pode verse en Vimeo unha
versión dramatizada, realizada desde o IES Ferrolterra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario