19.3.09

Que liches ti de Agustín Fernández Paz?


Achégase o 31 de marzo, día no que imos recibir a Agustín Fernández Paz no instituto para descubrir a placa que fará efectiva a nosa decisión de poñerlle o seu nome á biblioteca. Mentres, convidamos o noso alumnado a que nos comente no taboleiro da biblioteca os libros seus que xa leron. Agora queremos tamén abrir aquí este espazo para convidar a todas as persoas que o desexen a recomendarnos ou comentar os libros que leron de Agustín. Así que xa sabedes cal é a pregunta: que liches ti de Agustín Fernández Paz?

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu son Irene Iglesias de 4º A, o último libro que lin de Agustín Fernández Paz foi "Cos pés no aíre".
Este libro ten un personaxe principal, chamado Daniel, é un home que leva unha vida monótona e traballa nunha oficina, nunca faltara ó traballo é un día cansase e decide irse. Cando vai camiñando para casa escoita unha melodía do violín e quere ver que a toca, pero está tras un muro.Inteta subir e derrepente os pés lebántanselle do chan e ascende por riba do muro. Este proceso repítese sempre que el quere, pero o final acábase descontrolando.
Os problemas coa lebitación melloran cando coñece a Helena.


Gustoume moito este libro a pesar da fantasía coa que está escrita. Pareceme moi bonito. A parte que máis me gustou e cando Daniel esperta e está flotando, e logo as medidas que el implanta para non boar sen querer, como meterse pedras nos petos.

Anónimo dijo...

Eu son Sara Misa de 4ºA, os libros que lin de Agustín fernández Paz foron "Trece anos de Branca","Cartas de inverno"e o último que lin foi "Cos pes no aire",neste libro o personaxe principal é Daniel,un home que traballa nunha oficina,que vive só e cunha vida monótoma.
Un día sentíase farto do traballo e decidiu marchar dar unha volta, cando ía camiñando pola rúa escoitou unha melodía fascinante, el intrigado por saber quen era intentou escalar un muro, pero era imposible.De súpeto os seus pés comezaron a elevarse por si sós e comeza a vivir moitas experiencias.
A min gustoume este libro pareceume un libro entretido, moi fácil de ler e engancha moito porque non te imaxinas o final que pode ter.

Anónimo dijo...

Eu son Santiago Alonso, lin o libro "Corredores de sombra".
fala dunha rapaza que vai a veranear nun pazo herdado tras varias xeracións. Un dia facendo unhas reformas atopan un cadaver agochado nun tabique e dende alí comeza a investigar coa axuda e Miguel, un mozo que coñece na vila, e o seu tio Carlos. A medida que vai pasando o tempo vaise enterando de asuntos agochados da súa familia.
Gustoume pero podese saber case na metade do libro quen é o morto e quen está detrás da súa morte.

Anónimo dijo...

Ola!!!
Eu son Eva Parada Antón de 4ºA.
O libro que eu lin foi ¨Corredores de sombra¨.

Na miña opinión este libro gustoume moito en xeral, aínda que unhas cousas máis que outras, como por exemplo a historia de Clara e Miguel.
Tamén penso que o feito de atopar un esqueleto crea moitos lazos entre varias relacións. O persoaxe que máis me gustou foi tío de Clara, Carlos.
O único membro da familia que non se sinte diferente por pertencer a unha familia de clase adiñeirada e non despreza a xente do pobo por pertencer a outra clase. Isto facilita a relación entra Clara e Miguel. O que menos me gustou do libro é que as veces é moi descritivo e faise moito máis pesada a lectura.
Anteriormente xa lira algún libro de Agustín Fernández Paz e creo que a sua temática sempre é a mesma e as veces a lectura fáiseme moi repetitiva.
En xeral este último libro gustoume moito.

saúdos.

Eva.

Anónimo dijo...

Eu son Yasmina Abalde Méndez de 4ºA e lin de Agustín Fernández Paz " Cartas de inverno" e conta a historia de dous irmáns, Tareixa e Xabier, e dun amigo seu chamado Adrián arredor dunha casa enmeigada que decidiu comprar Adrián para afastarse de Berlín e darlle unha nova visión a súa obra pintoresca.
Estes cambios na vida de Adrián vaillos contando a seu amigo Xabier a traves dunhas cartas, nas que no principio todo parecia a historia normal dunha persoa que realiza unha mudanza, pero todo cambiou coas repentinas chamadas anónimas, ao teléfono e as mensaxea no fax onde se repetían contantemente as palabras socorro, adrián e arriba. Adrián con todo isto comeza a voloverse tolo de verdade e espera algunhas noticias de Xabier para que lle axude a resolver o misterio da casa enmeigada.
A min o libro pareceume moi entretido xa que conta unha historia fánstatica que ten un argumento moi definido ante a soidade que buscaba Adrián para poder pintar agusto e o que finalmente encontrou nesa casa.

Anónimo dijo...

Son Diego de 4 A de ESO e lín o libro "Tres pasos polo misterio" de Agistín Fernández Paz.
Este libro consta de 3 relatos nos que o tema principal é o misterio e o sobrenatural que lles ocorre a persoas que non son capaces de explicar.
O 1º realto trata dun arqúeólogo que explora unhasruínas galegas, e leva os obxectos que encontra a un museo. Nese museo ocorren cousasextrañas en relación cós obxectos que atopou.
O 2º realto trata dunha rapaza que vai facer o camiño de Santiago cos seus pais. Nel topa cun rapaz extraño ó cal gústanlle as estrelas.
O 3º relato trata dun home que visita un solitario faro no que aparecen extrañas presenzas que poarecen gardalo.
O libro bastante entretido e ´fácil de ler, porque non se extende coas descricións.
A parte que máis que gustou foron os datos arqueolóxicos sobre as mámoas galegas que eu descoñecía.
A parye que menos me gustou foi que no segundo relato os pais non contaran coa opiniñon rapaza para facer o viaxe (típico)

Anónimo dijo...

Eu son Verónica Aceves de 4ºA e o último libro que lin de Agustín Fernández Paz foi "Rapazas". É un libro de relatos protagonizados por rapazas. Consta de 6 relatos que teñan en común que falan de experiencias de mozas, aínda que con temáticas diferentes coma o amor, o racismo ou o machismo.
O relato que máis me gustou foi "A primeira meta", no que se fala dunha nena que que está facendo unha carrera. Pareceume moi interesante e que representa que o esforzo por algo paga a pena.
O relato que menos me gustou foi "Un curso con Ana" no que se fala do machismo, que aínda que é un tema interesante, a forma de tratalo, e sobretodo a protagonista, non me gustou nada.
O libro non foi dos que máis me gustaron pero é interesante o punto de mira que ofrece.

Anónimo dijo...

Chámome Iria Torres Terán, vou en 4º A. O libro que recordo ler de Agustín Fernández Paz é "Cartas de inverno", un libro que me pareceu moi interesante é que me enganchou moito, aínda que neste trimestre do curso lin "Noite de voraces sombras". Este libro trata sobre unha nena chamada Sara de 16 anos que veranea tódolos anos na casa da súa avoa, pero este ano a súa avoa morre.
Ela xa noo quería ir por qué ela quería ir só para estar coa súa avoa. A súa nai decide ir a pasar tamén as vacacións,e como van vir o irmán de sara, a moza del, e a súa filla, a nai de sara dille que este verán va utilizar a habitación do seu tío Moncho, unha habitación que na súa avoa nunca deixaba entrar a ninguén, agás ela, que a limpaba cada certo tempo.
Esa mesma noite empeza a sentir a presenza de alguén, pero alí non hai nada. Empeza a vaciar os caixóns dos armarios para enchelos coa súa roupa e encontra nunha especie de caixón oculto enhas cartas da guerra civil de amor entre Moncho e a súa moza Sara, tamén notas que escribira él durante a guerra civil.
A partir de ahi empeza a investigar sobre todo o relacionado co seu tio Moncho, aínda que tamen conta as historias que lle suceden cos seus amigos de Viveiro durante o verán.

Paréceme un libro moi interesante e enganchoume moito. Gustame a historia do seu tio, pero tamén gustoume moito o sucedido cos seus amigos.

Anónimo dijo...

Son Natalia Vilas de 4ºA e o último libro de Agustín que lin foi ``Cos pés no aire´´.
É un libro moi sinxelo de ler e que trata sobre un home chamado Daniel que un día na súa oficina dase de conta que pode elevarse do chan e decide tomarse uns días libres para centrarse no seu``don´´.
Un día comeza a darse conta de que está perdendo moito pero que dentro de pouco non vai pesar nada polo que lle será máis fácil elevarse e intenta fabricar algúns inventos para impedilo.
Nunha biblioteca coñece unha repaza chamada Helena que lle fai a vida máis sinxela.
O libro gustoume moito xa que é moi fácil de ler e moi interesante porque non sabes o que vai pasar co seu problema ata o final.

Anónimo dijo...

Ola!Son Blanca de 4ºA.

Eu lin varios libros de Agustín Fernandez Paz: A noite dos animais, Cartas de inverno, No corazón do bosque, As flores radioactivas, As fadas verdes, O centro do labirinto, e agora, ultimamente, Tres pasos polo misterio. Porén, o libro que máis me gustou con diferenza foi Trece anos de Branca.

Lino exactamente cando cumprin os trece, regalaronmo os meus pais polo meu cumpreanos, e marcou a miña adolescencia. Sentinme moi identificada coa protagonista, e non so polo nome. Pareceume e ainda me parece un libro precioso.

Tres pasos polo misterio é un libro de tres relatos, que a súa vez se dividen en varios capítulos. É un libro de intriga e misterio, e ás veces chega a porte a pel de galiña, pero despois todo se resolve... Ou iso parece. Ainda así pareceme un tanto surrealista.

Récomendovos entón estes tantos libros pero seguro que atopades algun máis de Agustín igual ou máis interesante que os que aquí vos deixei.

Un saúdo!

Anónimo dijo...

Ola, eu son Agustina Álvarez de 4ºA.
Lin varios libros de Agustín Fernández Paz, pero o último foi "Cos pés no aire".
Este libro fala sobre un home chamado Daniel que un día na oficina na que traballa, farto da súa vida monótona e cunha dor de cabeza incríbel, decide dar unha volta e descobre que pode elevarse e decide tomarse uns días de descanso. Dáse conta de que non lle viría mal uns meses sen traballar e procura nese tempo practicar ese "don" novo que ten e disfrutar da vida.

É un libro entretido e imaxinativo, gustoume moito a verdade. Recomendo este libro se vos gusta a fantasía, e se queredes algo fácil de ler este é un libro axeitado, xa que ten un vocabulario moi sinxelo.

Anónimo dijo...

Son Tamara Misa de 4ºESO A, e o ultimo libro que lin de Agustín Fernandez Paz foi Aire Negro.
Esta historia transcorre nunha clínica psiquitrica onde esta internada Laura Novo, unha muller que perdeu a súa memoria e pasa o dia escribindo o seu nome.
Victor, o seu doutor, é o responsable de averiguar a causa de este transtorno, o cal elabora un método para obter un diagnostico. Despois dun logo acercamento coa su paciente, pidelle que todo o que vai recordando do seu pasado o escriba.
Laura relata uns acontecementos moi inverosimiles, o que leva ao doutor, a comprobar se son certos ou non eses acontecementos.

É un libro con moita intriga e misterio, che leva a lelo fluidamente. Recomendariao a todo o mundo.

Anónimo dijo...

Eu son Estefanía Rodríguez de 4ºESO A, o último libro que lin de Agustín Fernandez Paz foi "Cos pés no aire", trata dun rapaz que se chama Daniel, é un rapaz solitario e moi fiel ao seu traballo, pero un día farto del decide ir dar un paseo.Tras un muro escoita a melodía dun violín e intenta acercase, cando de repente os seus pés elevanse. A súa vida pasa a ser máis sinxela cando coñece a unha rapaza chamada Helena...

A min o libro gustoume porque é facil de ler e interesante.

Iago dijo...

Eu son Iago de 4º A e o libro que lin foi "contos por palabras".
Este libro ten 9 relatos:
1ºTrata dun home que mira un anuncio que mira un anuncio no xornal de que duplicaban todas as chaves, on ou sen mostra.O home queria unha chave q non é normal e a consigue.
2ºFala dunha empresa que ten un anuncio no xornal para quen quisexe encontrar parella.
3ºTrata duns homes que traballaban nunha empresa que foron despedido e a empresa ecide por un anuncio.
4ºTrata dunha nena que é obligada pola sua nai a copiar a unha nena que fai un anuncio na televisión para que a nena faga tamén anuncios.
5ºUn home pon un anuncio no xornal, que busca empregados para a funeraria e un dia chama ao jefe de que ten un bo empregado, e é moi raro.
6ºUn home pon un anuncio no periódico para conseguir un empregado para limpiar cristales.
7ºTrata dun home que encontra un anuncio no xornal para traballar nunha bombonaría.
8ºFala dun anuncio posto no xornal que unha muller se encargaba de ir polas casas facendo manicuras.
9ºTrata dunha nena que busca un libro moi extraño.

O relato que mais me gustou foi o de limpia cristales pola persoa que aparece.
O que menos me gustou foi o primeiro porque non o entendin moi ben.
Todos os relatos teñen en comun que todos parten dun anuncio do xornal.
En xeral non me gustou moito porque fixoseme moi aburrido.

Anónimo dijo...

Son Tamara Rodríguez de 4ºA, e vou falar do último libro que lin en galego, que foi "Contos por palabras" de Agustín Fernandez Paz.
É un libro composto por oito historias, que teñen unha cousa común, e é que todas elas están iniciadas cun anuncio por palabras dos que soen saír nos xornais.
Nalgunhas historias pradomina a fantasía, e outras son máis cribles.
O vocabulario deste libro é un vocabulario moi sinxelo, que fai que a lectura sexa máis doada e comprensible.
E para rematar vou dala miña opinión sobre o libro. Gustoume polo xeito de que foi sinxelo de ler,e esa parte fantasiosa fíxome moita gracia, sobretodo a historia do vampiro.

Anónimo dijo...

Eu son Adrian Rodriguez Rodriguez de 4ºB,e lin "Aire Negro" de Agustín Fernández Paz.
Este libro gustoume xa que trata moi intreresante crea unha certa intriga cara o lector.
Fala dunha rapaza que esta internada nun centro psiquiático e mal que esta pàsando.Un medico consigue que esta saia da sua enfermidade

Anónimo dijo...

Eu son María Jesús Piedra de 4º esoB. Oultimo libro que lin foi: "Noite de Voraces Sombras". De Agustín Fernández Paz. Os temas que trata o libro e o amor, e a guerra civil.
Amin o libro gustoume, e sinxelo de leer porque ten un bocavulario sinxelo. Ademeis e un libro que engancha pola sua intriga xa que a manten ata o final.

Anónimo dijo...

Eu son Alejandro Villamarin Gomez de 4ºB,o ultimo libro que lin foi ¨Aire negro¨.A novela trata dun rapaza que estaba ingresada nunha clinica psiquiatrica.Os psiqiatras non sabian que enfermidade tiña.Enton chegou un doutor novo a clinica e mandaronlle averiguar a enfermidade da rapaza.A rapaza estaba nunha especie de celda,ela tiña un comportamento extraño porque non paraba de escribir o seu nome nos folios.Enton o doutor chamado ¨Molves¨ empezou a traballar no seu caso.A rapaza mellorou o seu estado,pero un dia recaeu outra vez.Enton o doutor empezou a preocuparse e marchou a Porto para falar cun amigo de Laura.El contoulle todo o que sabia,pero tamen contoulle que a rapaza recaera porque iba a sucederlle algo moi malo,porque andaba unha ¨´besta negra¨ detras dela.Cando chegou a clinica dixeronlle que Laura escapara.O doutor puxose moi mal e marchou da clinica.

Anónimo dijo...

son Ana Jiménez do curso 4ºESO B
eu lin :
"Amor dos quince anos , Marilyn" . que conten cinco pequenos relatos:
-Un problema de osós.FAla acerca dun home que lle doen os osós e vai a un medico para que lle de un remedipo.
-Amor dos quince anos , Marilyn.Este é un home que a traves dun cine recorda o seu amor dos quince anos con mari a e no cine lle pasa unha cosa moi rara coma se fose un soño .
-Malos tempos para as pantasmas.Trata dunha pantasma que resucita cada certo tempo e necesita namorar a unha rapaza e conseguir que se case con el para desfacer un conxuro.
-Un templo para gatos.Fala dun home que merca unha gata e ten gatiños e os vende e coma es unha voa idea se lkle chea a casa de gatos
-Un sono que adelgaza.É unha parella que vai a un medico para adelgazar e a muller namorase do medico
A min pareceronme moi entretidos e realistas.
"Cartas de inverno" que é unha historia de medo que trata dun home que merca unha casa que esta embrujada e ne sua estancia na casa lle van sucedendo cousas.
"Noite de voraces sombras", este é un libro que trasncorre nos anos da guerra civil, sara é unha nena que tras a morte de sagrario trasladase a habitacion do seu defunto tío moncho e ali descobre unhas cartas da sua moza .

Anónimo dijo...

Eu son Luana de 4ºeso B. O último libro que lin foi "O centro do laberinto",aínda que lin outros como poden ser "Noite de voraces sombras", "Amor dos 15 anos Marylin", "Aire negro"... que son moi amenos e fácil de ler.
"O centro do laberinto" que foi o último libro que lin é unha historia moi fácil de comprender. Este libro esta ambientado no futuro. E o protagonista é un rapaz chamado David, que é fillo dunha muller moi importante. David ben de viaxe coa súa nai a Galicia. Mentres a súa nai esta facendo un recado el ponse a xogar coa aeronave, ten un incidente e secuetrano. E o teñen nunha casa e vaille pasando cousas.
Eu recomendo este libro xa que me foi fácil de ler e moi intregante.

Anónimo dijo...

Eu chámome Rosa e estou en 4ºB.
O último libro que lin de Agustín Fernandez Paz titúlase "O único que queda é o amor". É un libro que contén dez historias. O seu tema principal é o amor.A min a historia que más me gustou foi a de un home que coleccionaba caixas de mixtos. Tiña moitísimas, tantas que xa non sabía onde gardalas. Cando este home morre, a muller decide tirar cas cousas dos home xa que lle facian recordar ó home. Os libros de Agustín Fernández Paz parécenme un moi asequibles, aínda que algúns aburren un pouco; normalmente contra o final. Xa lera outros libros de Agustín, e o que máis me gustou con diferencia foi "Cartas de inverno".

Anónimo dijo...

Aloia Feixóo, 4º B. O último libro que lín de Agustín Fernandez Paz foi O único que queda é o amor.
Un libro cun total de dez relatos con temática de amor. Destos relatos os que máis me gustaron foron "Un río de palabras" que trata de como un personaxe emprega os anuncios que se pegan nas farolas, e en vez de anunciar algo, escribe estrofas e frases de libros que lle gustaron xunto con nome do libro ao que pertencen e o nome do autor.
Tamén sorprendeume o relato de "Unha foto na rúa" xa que o rapaz que encontra unha foto dunha moza enamorase dela sen tan sequera saber se existe, onde vive ou como é persoalmente.

Anónimo dijo...

Son Katya de 4ºB.

Eu de Agustín Fernández Paz lin "Contos por palabras ", " Cando petan na porta pola noite" que foi o libro que máis me gustou del, "Os trece anos de branca" e o último foi " O único que queda é o amor " que como o seu nome indica trata de amor, da importancia do amor nas nosas vidas. Este libro contén moitas historia de amor e de desamor pero a que máis me gustou foi o relato chamado "Radiante silencio" que conta a historia dunha muller rica que un dia vai á biblioteca a coller un libro, a partir de ahi comeza unha historia de amor entre ela e alguén que lle deixa poemas nos libros da biblioteca adicados a ela.
A partir de ahi a muller vai tódo-los días á biblioteca pra intentar averiguar quen é ese misterioso admirador.

Anónimo dijo...

Hola chámome Laura López Álvarez estou en 4ºESO B no instituto Auga da Laxe de Gondomar.Lin varios libros de Agustín Fernández Paz: "Trece anos de Branca","Avenida do parque, 17", "O único que queda é o amor", "Corredores de sombra", "Aire negro" e o último que lin foi "Noite de voraces sombras".Todos me gustaron moito.O que me gusta de Agustín que coincide en todos os seus libros que lin e o que enganchan as súas historias, no libro de "Noite de voraces sombras" gustoume moito e enganchoume pola intriga que ten , gustoume a forma de ser da protagonista, Sara, que non se da por vencida e segue investigando para descubrir máis datos sobre o seu tío e Sara, apesar de que so ten os documentos que encontrou no cuarto do seu tío.

Anónimo dijo...

Eu son Giuliana Tuttolomondo Lueches de 4ºB. Lin varios libros de Agustín Fernandez Paz: "Trece anos de Branca", "Cartas de inverno", "Noite de voraces sombras", "O único que queda é o amor", e algún máis que agora non recordo... O último que lin é "Amor dos quince anos, Marylin", que é un libro composto por cinco relatos, dos cales o que máis me gustou foi o que da título o libro: " Amor dos quince anos, Marylin", que trata dun home que vai un día pola noite ó cine porque están a punto de cerralo, e presencia un encontro de actores das películas máis famosoas de Hollywood, e despoir diso desaparece. Gústaronme todos pero este máis cos demas porque é bastante raro. Polo que recomendo este libro á xente que lle gusten os libros de él.

Polo xeral, todos os libros que lin de Agustín gústaronme.

Unknown dijo...

ola a atodos, son Chus B. Acabo de ler todos os vosos comentarios, e, a verdade, collín unha chea de ideas para ler cousas deste autor, do que xa tiña lido algo.
Moitas gracias polas vosas aportacións. ás veces, os profesores eleximos certos libros que nos parecen bos para lermos nas clases e a vos non vos gustan, pero lendo as vosas críticas, pódese ver que hai moito onde elexir e para todos os públicos.
É moi bo saber compartir cos demáis o que nos gusta, pois así van difundíndose as cousas boas, que son moitas ...
Saúdos
Chus B. Ptof. Lingua Española

Anónimo dijo...

eu son Alexander Durán González de 4ºB.
Eu de Agustín Fernandez Paz lin ¨trece anos de branca¨ noite de voraces sombras¨ cartas de inverno¨
o último libro que lin de Agustín Fernandez Paz foi ¨aire negro¨ que trata dunha rapaza que se chama Laura que está ingresada nun centro sicriático pois din que está loca pois a persege un mounstro e un doutor empezou a traballar no seu caso e empezara a recuperarse pero despois volveu o seu estado inicial e a rapaza desapareceu

Anónimo dijo...

Eu son Diego García Nandín de 4ºB e lin varias obras de Agustín Fernández Paz coma "Trece anos de Branca" ou "Cartas de inverno". O último libro que lin foi "Noite de voraces sombras" que narra a historia chea de intriga dunha rapaza que vai vivir a casa da súa avoa e comeza a atopar cartas, fotos e otras cousas relacionandas co seu tio-avó nunha habitación da casa da súa avoa. A rapaza descubre moitas cousas de cando seu tio-avó era xoven, que estivo encarcelado, que tiña un amor ... A rapaza segue investigando e mediante algunhas pistas conseguiu contactar co amor do seu tio-avó.

Persoalmente gustóume moito o libro. Segue a liña de misterio e intriga habitual nos libros de Agustín Fernández Paz, cunha creación dunha atmósfera similar ao libro "Cartas de inverno". Recomendoo a todas aquelas persoas as que lles guste este tipo de xénero.

Anónimo dijo...

Eu son Sara Sánchez de 4ºB o último libro que lin de Agustin Fernández Paz foi "Noite de voraces sombras". Este libro trata dunha moza chamada Sara quer vaise de vacacións durante o mes de agosto a casa da sua avoa que morrera, cos seus pais. A moza encontrou na habiatación do seu tio Moncho, que tamben morrera, unhas cartas dunha moza chamada Sara Salgueiro.Sara nesas vacacións coñecera a un mozo chamado Daniel. Sara leu as cartas que encontrara e contaban cousas da posguerra, o tio fora encarceado de mozo, el fora mestre e polas súas ideas o encarcearan. Sara ensinara as cartas a súa nai e entre as dúas intentaron investigar sobre todo o que encontraran.
O libro gustoume moito porque ten unha historia de amor, a do tio Moncho con Sara Salgueiro, e ten mintriga e medo, como a mpreseda que notaba Sara cando estaba soa na habitación. O que máis me gustou foi a historia de amor entre otio Moncho e Sara Salgueiro. O que menos foi o final porque estaba todo descrito con moito detalle e non me gustou moito o que pasaba.Casi me emmociono cunha das cartas que Sara Salgueiro envioulle o tio Moncho.

Anónimo dijo...

son Katya de 4ºB e corrixo o meu anterior comentario.

O libro de " cando petan na porta pola noite " non é de Agustin Fernandez Paz pero é un libro moi interesante e que merece a pena ler.

Anónimo dijo...

gracias asi sen mais dos libros de Agustin paz

Anónimo dijo...

Menuda mierda jajajaja