23.10.07

Día Internacional das Bibliotecas

Con motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas Escolares, o Equipo de Biblioteca do IES Auga da Laxe preparou para esta semana do 22 ao 26 de outubro un calendario de visitas de todo o alumnado do centro á biblioteca para coñecer as instalacións, recentemente renovadas, e recibir información sobre a organización dos fondos e as actividades e o funcionamento dos distintos servizos que se ofrecen. O calendario completo de visitas podedes velo no sitio web do instituto.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boas,en primeiro lugar felicitarvos polo gran traballo e gran ilusión que podes na nosa biblio. O da visita guiada, asi como a explicación dos diferentes servizos que oferta e tamén o de saer moverse na biblio para poder atopar un libro estivo ben, cero que non quedou nada no tinteiro. O que pareceume curioso foi o do sistema de clasificación que se ussa en todo o mundo.
Un saúdo.
( Carlos Muñoz 1º Bach. A )