12.3.07
DE VOLTA AO ASTEROIDE B-612
Logo de pasar unha tempada no noso instituto, o principiño voltou hoxe ao asteroide B-612. Mentres estivo aquí, ademais de ler a súa historia, o noso alumnado de 1º ESO tivo a oportunidade de participar en diferentes actividades:
- Unha charla-coloquio coa profesora Concha Costas sobre as diferentes edicións e interpretacións da obra.
- A montaxe teatral "O principiño viaxa polo espazo", coa compañía Tranghallada Teatro.
- Unha lectura dun fragmento de O principiño en galego (Marta, Andrea e Gonzalo, de 1ºESO) , castelán (Alex, Almudena e Juan, de 1ºESO), portugués (Joao Paulo, de 2ºESO), catalán (Tamara, de 3ºESO), italiano (Pedro, de 2º Bach), francés (Agustín, de 1ºESO, e Katya, de 2ºESO), Inglés (Sara, Miguel, Agustín, Natán, Sheila e Sandra, de 1ºESO) e alemán (Ángel, de 2º Bach). Grazas a todos eles pola súa participación e aos profesores de Lingua Galega (Benxamín), de Lingua Española (David), de Inglés (Carolina) e de Francés (Santas) pola súa colaboración na preparación desta lectura.
Ademais destas actividades especialmente dirixidas ao alumnado de 1ºESO, todos tivemos a oportunidade de ver no patio central do instituto unha exposición que incluía case 70 edicións de O principiño en 35 linguas distintas, así como traballos que o alumnado de 1ºESO realizou nas últimas semanas nas clases de Educación Plástica a partir das ilustracións de A. de Saint-Exupéry que aparecen no libro. O noso agradecemento tamén para os profesores que realizaron este traballo cos alumnos (Dorinda e Manuel Ulloa).
Deixámosvos aquí algunhas imaxes desa exposición, ao tempo que lle desexamos ao principiño un feliz regreso ao asteroide B-612.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Tamén eu quixera achegarme até o asteroide B-612 para felicitar a toda a xente que acompañou ao principiño na súa viaxe... Pero, ai, téñolle medo ao avión!!!
Fermoso traballo. De seguro que maís dun alumno/a e algún docente, abriron os ollos a novos mundos co Principiño.
Noraboa Bibliolaxe.
Antonio Martínez
Publicar un comentario