Xa estamos de volta e, en breve, retomaremos a actividade deste blog que nacía no pasado curso 2005/06 desde a biblioteca do IES Auga da Laxe, dentro do proxecto de actividades Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca. Neste curso 2006/07 a nosa biblioteca vai seguir integrada no Plan de Mellora de Biblioteca Escolares da Consellería de Educación cunha dotación económica de 9.050 euros que nos vai permitir levar adiante un novo proxecto de actividades que ha supoñer importantes novidades e melloras. Agora mesmo estamos a traballar na posta en marcha dese proxecto, polo que a biblioteca vai permanecer pechada até mediados de outubro.
22.9.06
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Sorte no novo ano bibliotecario, unha aperta desde Betanzos.
O saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca...Fermoso de necesario desideratum que facemos noso nesta textualidade electrónica de expresión galega, debecedoira de iniciativas coma esta(non me esquezo de Betanzos..)que veñan dar contido e presenza a isto do livro e leitura de maneira que as bibliotecas escolares poidan dar pulo ao traballo das aulas abrindo vieiros de exploración, creación e aprendizaxe (como procurar información nas bibliotecas,noutras fontes, ou a máis creativa realización traballos, diarios de leitura, boletins,prensa, intercambio, autoformación,etc). Parabéns e feliz reentré
PS.Como é que van as relacións coa biblioteca pública?
Sorte nesta nova singradura.
As bibliotecas deben tomar conciencia que son a soá dun centro docente. E se cadra máis. Cremos que deberían seguir sendo visitadas cando por razóns de idade os usuarios collen outros camiños.
Publicar un comentario