3.4.09
Un día moi especial
Desde o pasado martes, 31 de marzo, a nosa biblioteca xa se chama Biblioteca Agustín Fernández Paz. Nunha xornada moi especial, na que contamos coa presenza do escritor, descubrimos un panel sobre a súa obra e unha placa co seu nome que queren deixar constancia da nosa pequena homenaxe. Houbo un encontro co alumnado, houbo lecturas, houbo música e, sobre todo, houbo moitas caras amigas, moito cariño e moita emoción. Ao noso redor, o recanto da poesía, unha exposición, as portadas dos seus libros, os comezos das súas novelas convidando a seguir lendo... Sobre as nosas cabezas, os rótulos cos nomes dos personaxes das súas obras, realizados polo alumnado de 3ºESO e 1ºBACH, vixiando as palabras coas que quixemos falar de recoñecemento, de gratitude e de cariño. Aquí deixamos algunhas fotos e prometemos, para despois das vacacións, unha crónica máis ampla. Grazas, Agustín, e grazas tamén a todos os que nos quixestes acompañar neste día tan especial.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Uahhhh¡!!!
Magnífico traballo!!! Parabéns pola organización do evento.
Unha aperta dende Sanxenxo.
Noraboa por ese acto tan entrañable que nos emocionou a moitos.
Por certo, dende Bibliobelesar vos entregamos un agasallo: o Selo Violeta. Tan merecido!
Moitas grazas, é bo saber que se navega en compañía...
Un agasallo para vós.
A tartaruga lectora.
A min pareceume moi interesante a charla que veu a dar Agustin,para o pouco tempo que estivo aprendin moito e gustoume moito
Acharla de Agustin Fernandez Paz foy muy interesante e gustoume moitoeu lein dous libros del un chamado cartas de inverno e o outro querido enimigo gustarome moito os dous
Publicar un comentario