22.10.08

Día da Biblioteca

O 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca. No IES Auga da Laxe imos aproveitar esta data para organizar, como en anos anteriores, un programa de visitas á biblioteca do instituto para o alumnado novo (1ºESO e 1ºBACH). O obxectivo é informalos sobre os servizos, recursos e funcionamento da biblioteca e, no caso de 1ºESO, realizar ademais algún xogo de busca de información. Queremos así presentarlle a nosa biblioteca ao alumnado para que sexa para eles un referente, o servidor central que debuxa Manuel Lariño neste cartel da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Eduación, esa luz da que nos fala Agustín Fernández Paz no manifesto co que a Consellería de Cultura celebra esta data.


ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ
Agustín Fernández Paz

ABRE AS PORTAS e entra. Entra neste espazo que agarda por ti, neste ámbito onde cada palabra é un don que recibimos como agasallo. Percorre todos os recantos desta casa da liberdade, respira este aire que non sabe de fronteiras, déixate levar polo río de recendos que anuncia os tesouros da biblioteca.

Estamos nun lugar especial, sería imposible confundilo. Desde o ceo debe de verse como un punto de luz brillando coa intensidade maior, como un aleph que contén a memoria e os soños da humanidade. Unha luz, si. Unha luz que escintila coma un faro entre as tebras, co rítmico latexar dun corazón inmenso que expande ondas de liberdade e de esperanza polo territorio que a circunda.

Quizais poderiamos seguir vivindo se nos faltase este aire que fai vibrar todas as células do noso corpo, se cadra as persoas continuariamos coa nosa existencia rutineira se non existise a biblioteca, mais algún lugar decisivo ficaría baleiro no noso corazón.

Faltaríanos a enerxía que nos fai desexar unha vida mellor, unha cidadanía máis libre, unha sociedade máis xusta. Doeríanos non escoitar a voz das persoas que sufriron a historia e a das que a sofren agora mesmo; sería insoportable oír só as palabras dos que tentan dirixir e controlar as nosas vidas.

Para que isto non suceda, abre as portas e entra. Ábreas sempre, todas as portas, pois cada vez que o fas incorpóraste ao río subterráneo que alimenta a biblioteca, ao torrente de liberdade que a fai vivir e lle dá azos renovados.

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro.
Como as labregas que se afanan na rebusca de espigas entre os regos despois da ceifa, tamén os escritores recollen as palabras unha a unha e elaboran con elas o humilde pan dos seus textos. Deste xeito fan que cheguen ata nós, sempre novas e sempre sorprendentes, pois os libros posúen a insólita capacidade de revivir e reinventarse en cada nova lectura.

Todas as persoas necesitamos as historias, os soños, as palabras, talvez sexa unha característica inscrita no ADN da humanidade. Necesitámolas coma o comer, como beber auga, xaora que si. Para entendermos o mundo e para entendernos a nós mesmos, para soñar outros destinos, para loar os dons que a vida nos dá. Sabemos que non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e da creatividade, sen as palabras que expresan a variedade e a beleza dos nosos desexos e dos nosos sentimentos.

Por todo iso, abramos os libros. Eles conteñen os soños, as paixóns, os medos, os amores, as risas. Nas súas paxinas habita a inmensa variedade de sentimentos e experiencias da humanidade, das persoas que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. Os libros: ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender o oficio de vivir, para cambiarnos a vida e implicármonos na transformación do mundo.

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

36 comentarios:

I. CAMACHO dijo...

Estupendo lema y estupendo texto.

Anónimo dijo...

Son Daniel de 1B é estar na biblioteca me gustou moito e buscar os libros me costou un pouco.

Anónimo dijo...

Son gabriela Legaspi de 1º E.S.O B estou na biblioteca .Gustame moitiiisimo estar na biblioteca de Auga Laxe .Encantame visitar bibliotecas pois aprendese moitiiiimo .Creo que lendo libros aprendese moito .Non so aprendes a ler se non tamen, palabras novas ,apendes a ter imaxinancion etc...
unha aperta moi grande para os alumnos de auga da laxe.

Anónimo dijo...

tania pereira domínguez 1b eso gustoume a biblioteca es moi grande vimos onte e hoxe fixemos xogos para aprender a buscar libros e máis cousas é moi divertido.De onde veño non había biblioteca esta é a máis grande que vin.

Anónimo dijo...

Son Fernando de 1 ESO B e gustoume moito a biblioteca polo grande que é.

Anónimo dijo...

Hola, chámome María Reigosa Vilar, e estou en 1ºB da eso.
Gustoume moito esta biblioteca, e moito máis grande ca que tiñamos antes en primaria. O sistema é algo máis novo ca o outro, pero gústame máis.
Ademais, esta biblioteca ten moitos máis libros ca anterior, non fai falta mercar tantos libros.
Unha opinión miña é que esta biblioteca é máis liminosa e acolledora que a anterior.
En resumo, gústame máis ca outra.

Anónimo dijo...

Son Nerea Lopez Moreira de 1B ESO:
Entre hoxe e onte fumos a biblioteca e nos esplicaron moi ben moitas cousas. O que mais me gustou foron os xogos. Tamen son socia dunha biblioteca de Gondomar e gustame moito. Na biblio de Gondomar veñen aos sabados moitos autores para explicar como quixeron escribir, como se inspiraron...etc.
A min gustame moito que me firmen nod libros do mesmo autor.

Anónimo dijo...

Hola son Ines de 1º eso B me pareció bien.
no me interesaba mucho pero le apreste atencion para saber mas.

Anónimo dijo...

Son Ivan de 1 B gustoume moito a biblioteca por que ten moitos libros interesantes para nos.

Anónimo dijo...

Hola son martín de 1eso b e gustoume moito a biblioteca e o primeiro que entrei foi o día de onte. gustame a colecion de FÍSICA E QÍMICA E TECNOLOXIA AVANZADA E BIOLOXIA.Pois haber se pode ser que traian maís libros de estas asignaturas.

Anónimo dijo...

hola son nicolás de 1ºeso b estou na biblioteca,a biblioteca é moi grande,hoxe aprendimos como buscar libros sen estar buscando de un en un

Anónimo dijo...

hola soy Mayra 1ºeso B me parecio mui divertido, ademas cuando tuvimos que buscar.
bueno ya conocia la biblioteca,del año pasado y de venir a los ordenadores y a ver libros.
esta mui bien
mayra

Anónimo dijo...

Soy jorge canosa de 1ªB, isto é un aburrimento por que se nos deixasen xogar no ordenador. Se poidesemos xogar en minixogos aun seria interesante e algo divertido. Tamén seria guai que entresamos en youtube e ver videos de accidentes en moto e de persoas.

Anónimo dijo...

son sara cruz fernandez 1ºb eso:
gustoume moito a biblioteca porque e bastante grande e esta moi ben ordenada,a min gustanme as bibliotecas sobre todo para estar nos ordenadores.

Anónimo dijo...

Hola son Mario se 1B gustoume moito a biblioteca por que hai moitos libros
e alguns son interesantisimos.

Anónimo dijo...

Son Bruno de 1º b es estivo ben a biblioteca. Moito lio cos campos de libros.

Anónimo dijo...

holaa !!
soy maria de 1ºB de E.S.O
me gusto mucho mucho la biblioteca y molan mucho los ordenadores !*
bueno un beso ~~

Anónimo dijo...

ez una fiezta

Anónimo dijo...

son Ismael de 1B eso gustame moito a biblioteca,porque ten moitos libros e moitos xogos

Anónimo dijo...

son javi de primero eso A eu ainda que son repetidor gustame repetir isto estes traballos gustanme moito e os do ano pasao gustame moito mais pero bueno espero pasarmelo bien este año o igual o mejor

Anónimo dijo...

Ola,chamome Miguel de 1A ESO AUADALAXE na visita a biblioteca paseino moi ben.O xogo estuvo ben, ainda que o mais dificil foi buscar os libros, pero paseino ben.
Adeus.

Anónimo dijo...

Son Rene de `primeiro de ESO A.

Me gustou moito pero preferiria que se fixese isto na ultima hora.
De todas as formas e mellor telo que non telo nunca.
Pero recomendo que beñan todos os que poidan nos recreos.
Isto e moi origuinal porque podes alquilar peliculas,xogos e sobretodo libros moitos libros.
E pola tarde podes vir de 5 a 7 da tarde.
Os ordeadores e o mellor da biblioteca pero sobre todo os que lles gustan ler poden tamen vir.

un saudo Rene

Anónimo dijo...

ola son Ismael de primeiro eso a e non me gustou nada a biblioteca solo me gustaron os monecos de barro que estan na parede, que son dos megatoxos.

Anónimo dijo...

ola son Ismael de primeiro eso a e non me gustou nada a biblioteca solo me gustaron os monecos de barro que estan na parede, que son dos megatoxos.

Anónimo dijo...

Son BORJA de 1A gustoume vir a Blibloterca por os libros interesantes ¡É COMONON OS ORDENADORES!vouvir aqui sempre que poida.Un saudo moi pequeno BORJA.JA.JA.JA.

Anónimo dijo...

son Eugenio de 1A esta ben a bibloteca

Anónimo dijo...

Ola soy Araceli de 1ªa estoy na biblioteca a facer o xogo e gustame como esta organizada a biblioteca ...Ainda que me custoume un pouco buscar as preguntas

Una aperta moi grande para todos os profesores e alumnos de i.e.s auga da laxe ....

Anónimo dijo...

Ola son Andrés de 1ºA o xogo que estamos facendo gustame moito,ainda que e un pouquiño dificil,pero e divertido.

Anónimo dijo...

Son Adri, de 1eso A.
Me gusta a biblioteca porqe se pode utilizar nos recreos.Etamen polastardes.Ten moitos libros de castellano galego e moitos mais.

adri

Anónimo dijo...

Son Gabriel.
de 1 a eso gustame moito vir a biblioteca porque aprendemos moitas cousas e vemos onde se busca a información.Pero aveces e un pouco moi difícil e custa moito.

Anónimo dijo...

soi Carla la de 1A estar na biblioteca me gustou moito

Anónimo dijo...

hola son lucas 1A gostoume moito o xogo de atpar o libro

Anónimo dijo...

ola!
eu son sabrina de 1ºb.
a visita pareceume moi entretida,porque gústame moito a biblioteca, polos multiples usos que ten.
A diferente clasificación de libros é algo difícil.
pois paseimo moi ben buscando os libros.
bicos :)

Anónimo dijo...

Son Jessica e estudo no Chano Piñeiro.Hoxe estou de visita no instituto. A biblioteca é moi grande e ler é moi divertido.

Anónimo dijo...

Son eu e teño unha queixa sobre a biblioteca, o ordenador que se ve xusto cando entras pola porta da biblioteca reiníciase ao facer unha comprovación do disco duro.
Parece que alguén andivo a facer das suas e agora non vay.
Espero que dito ordenador estea arranxado o antes posible.
Polo demais pareceme bastante ben como é a biblioteca e os seus horarios e sobre todo a velocidade da internet, xa que eu teño so 27Kb/seg ¬¬. XD
Un saudo e sinto facela mensaxe anónima pero xa farein outro comentario co meu nome.
XD^^lol

Alnute dijo...

Son Alberto de 1º de bacharelato C.
Gustame a biblioteca e opino o mesmo que o autor do anterior comentario: "pareceme bastante ben como é a biblioteca e os seus horarios e sobre todo a velocidade da internet"