1.10.07

DESPEGAMOS DE NOVO

A biblioteca do IES Auga da Laxe abre as súas portas hoxe, día 1 de outubro, para iniciar unha nova viaxe neste curso 2007/08. E despegamos esta vez con moitas novidades: mobiliario novo, equipos informáticos novos, pintura nova nas paredes, sistema novo de premios e, en breve, un novo programa de xestión dos fondos. Tamén, por suposto, novas ideas e novas propostas para conseguirmos unha biblioteca cada vez máis viva e máis aberta a toda a comunidade educativa.



Comezamos cunha serie de propostas arredor da celebración do Día Internacional da Tradución, que nos acompañarán até o 11 de outubro: no punto de lectura teremos unha selección de libros e de textos traducidos, dous poemas traducidos do portugués e do catalán no recanto da poesía e a convocatoria dun concurso de tradución co que o noso alumnado poderá conseguir os primeiros bibliopuntos do curso. Máis información, na sección de biblioteca do sitio web do instituto.



Benvidos ao novo curso e boa viaxe!

4 comentarios:

FATIMA dijo...

PARECEUME MOI INTERESANTE E DIVERTIDO

alumnas de 2º bach dijo...

Estamos moi contentas de que exista unha biblioteca como esta, xa que nela pasamos a maioria do tempo libre que temos, tanto estudiando, lendo, como utilizando internet ( aprendendo cousas novas)e por iso queremos darvos as GRACIAS!!!

Concha dijo...

Moitas grazas polo voso recoñecemento. A biblioteca, igual que os outros recursos e actividades do instituto, está pensada fundamentalmente para atender as necesidades do alumnado: que a usedes e que aproveitedes os servizos que ofrece (incluído o blog) é o mellor recoñecemento que podemos ter as persoas que traballamos para que funcione.

Concha

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,