15.5.07

MARÍA MARIÑO VISITA A NOSA BIBLIOTECA

A biblioteca do instituto vaise converter os días 15 e 16 de maio no salón da casa de María Mariño para acoller cinco representacións do monólogo María Mariño, en primeira persoa, protagonizado por Rocío Rodríguez Salgueiro, quen se transformará na poeta á que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. O monólogo, que fai un percorrido polos feitos máis destacados da vida e da obra de María Mariño, irá acompañado da lectura de varios poemas da autora. As representacións terán lugar na biblioteca co seguinte horario:

Martes, 15

  • 11,10h-12,00h: 1º BACH-A e 1º BACH-B

  • 12,30h-13,20h: 4º ESO-A, 4º ESO-B e 1º ESO-A

  • 13,20h-14,10h: 2º ESO-A e 2º ESO-B

Mércores, 16

  • 12,30h-13:20h: 1ºESO-B e 1ºESO-C

  • 13:20h-14:10h: 3º ESO-A e 3º ESO-B

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Saudos! Son Carlos de 4º b.
Na miña opinion, a actuacion de Rocio foi incrible, conseguiu meternos na pel de María Mariño,ata tal punto que a min persoalmente deume arrepio cando falaba da época escura que viviu. Dende aqui quero felicitar o traballo desnvolvido dende a biblioteca e doulle animos para que segan facendo este tipo de actividades.

Biblioafonso dijo...

Felicitacións polo traballo e pola idea.
Fantástico que o alumnado faga comentarios.
Noraboa