12.5.07

ABRIL E MAIO, LETRAS PARA TODO O ANO



Estes días pódense atopar nalgúns establecementos comerciais de Gondomar os materiais da campaña Abril e maio, letras para todo o ano, promovida pola biblioteca do IES Auga da Laxe. Son uns expositores cunhas tarxetas dirixidas a todos os veciños e veciñas nas que os convidamos a ler un poema, ao tempo que reflexionamos sobre a importancia de que, máis alá do Día do Libro ou do Día das Letras Galegas, o hábito da lectura nos acompañe ao longo de todo o ano.

Os poemas que se ofrecen como un convite nas tarxetas pertencen a Olga Novo, Daniel Salgado, Antonio García Teijeiro, Lupe Gómez e María Mariño, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. O texto que acompaña os poemas é o seguinte: "Nestes meses a primavera chega tamén á literatura. Arredor do Día do Libro e do Día das Letras Galegas chégannos numerosas propostas de lecturas e novidades editoriais, un agromar de letras que desde a Biblioteca do IES Auga da Laxe esperamos que dure todo o ano, para que calquera día sexa bo para achegarse a un libro. Por iso vos convidamos a ler unha selección de poemas cos que queremos desexarvos feliz primavera e boas lecturas."

3 comentarios:

Asesoría Bibliotecas Escolares dijo...

Parabéns por esta iniciativa,porque os poemas gustan de saír pasear á rúa... e porque a xente de Gondomar terá a oportunidade de saber que no insituto hai unha biblioteca viva, que as cousas van mudando, que as fronteiras (neste caso as fronteiras do instituto) se poden abrir e pasan cousas... pero moitas desas cousas son boas e saudables... porque así se vai construíndo cidadanía.
Saúde e libros!

Biblioafonso dijo...

Moitas grazas por compartir con todos as vosas marabillosas ideas

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,