28.11.06

Propostas contra a violencia


Esta semana temos no instituto unha exposición sobre violencia contra as mulleres, na que se inclúen propostas de lecturas, de películas, de poemas, de música (un CD con doce temas que se poden escoitar ao tempo que se len as letras), datos, un par de vídeos e un panel onde podedes deixar a vosa opinión. Na nosa web podedes consultar as listaxes das diferentes propostas e botarlle unha ollada a algunhas imaxes desta actividade coa que pretendemos contribuír a unha necesaria reflexión sobre un tipo de violencia que este ano supuxo xa a morte de 62 mulleres no Estado español.

Entre as propostas de lectura destaca pola claridade da súa mensaxe Quiéreme bien. Una historia de maltrato (Lumen, 2006) de Rosalind B. Penfold, o cómic dun drama real e cotián que se repite, sempre con patróns moi semellantes, na intimidade de moitos fogares. Tamén o noso "Recanto da poesía" se achega esta semana a esta realidade que viven moitas mulleres no mundo a través dun poema de María Reimóndez que, como en Usha, nos leva a carón das mulleres da India:

As cores fanme pensar
nos meus saris,
na India,
na miña outra matria
de sufrimentos.
Por min pasan
tódalas palabras
das mulleres
que coñezo
como cores,
como bandeiras,
como saris
de tristes sorrisos
que moitos dan en chamar
exóticos.
O exotismo
de casar ós doce anos
e suicidarse
porque xa se coñecen
tódalas outras formas
de morrer.

María Reimóndez, Moda galega, 2002

15.11.06

O poema da semana

Necesito chica que sepa planchar
mis labios con los suyos y tender
su ropa eternamente junto a la mía
y quitar las manchas de mi
corazón con su mirada yo pondré
la mesa y la caricia en su ramo
de lunas y trataré de andar muy
despacio
cuando
ella
no
tenga
prisa


Pedro Casariego Córdoba, Después de la modernidad, 1987

O libro do mes

Desde a biblioteca do IES Auga da Laxe propuxemos Usha, de María Reimóndez, como "Libro do mes" para novembro. No sitio web do instituto poderás atopar máis información sobre esta proposta e algúns materiais que elaboramos. Se les o libro e queres deixarnos a túa opinión ou comentario podes picar enriba da portada de Usha que atoparás na marxe dereita deste blog, o que che permitirá acceder ao noso club de lectura virtual. Lembra que o 12 de decembro, ás 18:00h, teremos na biblioteca unha sesión do noso club de lectura que contará coa presenza de María Reimóndez.

25.10.06

Día das Bibliotecas Escolares

Esta semana celébrase o Día das Bibliotecas Escolares e desde a biblioteca do no noso instituto quixemos aproveitar esta data para lembrar o que di o artigo 113 da Lei Orgánica de Educación:

Artigo 113. Bibliotecas escolares.

1. Os centros públicos dispoñerán dunha biblioteca escolar, que recibirá unha dotación progresiva de recursos por parte das Administracións educativas correspondentes.
2. As bibliotecas escolares contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumnado acceda á información e outros recursos para a aprendizaxe das demais áreas e materias e a que poida formarse no uso crítico dos mesmos.
3. A organización das bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen como un espazo aberto á comunidade educativa dos centros respectivos.
4. Os centros poderán chegar a acordos cos municipios respectivos para o uso das bibliotecas municipais coas finalidades previstas neste artigo.

23.10.06

O recanto da poesía

O recanto da poesía do noso punto de lectura volve estar activo. Abriámolo a semana pasada cun poema de Celso Emilio Ferreiro sobre a poesía como algo cotián que forma parte do noso día a día e, con ese mesmo espírito, presentámosvos esta semana un poema de García Montero sobre este outono de abrigos e paraugas que nos vai envolvendo...


A nosa amiga

A poesía non depende do home,
pro está no home.

Non penses que a poesía é poesía
porque a teñan rubido nun altar,
senón porque comparte a nosa vida
cantando o seu cantar.

Cando todos nos imos
ela tamén se vai.

A poesía vive
na temporalidá,
é unha cousa de hoxe,
é un obxecto humán,
auga, sono, roseira,
rúa, fenestra, man,
vento na noite fonda,
conversa familiar.

Escoita a súa música
cando pola mañán
o panadeiro chama
pra traguernos o pan.

Cando vés do mercado,
Moraima cotidián,
a poesía toda
vén contigo detrás.

Non penses que a poesía é cousa sacra
porque a teñan rubido nun altar
aquiles que a pretenden pra iles soios,
lonxana, altiva, intelectual.

A poesía é un claro asunto
de todos: meu e teu, e dos demais.
Cando os demais se van e nós nos imos
ela tamén se vai.


Celso Emilio Ferreiro, Onde o mundo se chama Celanova


El otoño

El otoño es un barco que navega
con abrigos, silencios y paraguas,
sobre los parques y las arboledas.

¡Gaviotas amarillas!
Son las hojas que vuelan
y caen lentamente
hasta pisar la tierra.

El cielo frío se parece al humo
de los barcos sin velas
que dibujan el sueño de los vientos
con los pinceles de sus chimeneas.

Yo soy el marinero del otoño.
Mira mi barba seca
y las bellas gaviotas melancólicas
volando en mi cabeza.

En la orilla dormida de la tarde
hay olas de silencio y de tristeza.

Por las ramas desnudas,
por el agua secreta,
por los abrigos grises,
el otoño navega
como un barco perdido
sobre las arboledas.

Luis García Montero, Lecciones de
poesía para niños inquietos
, 2000

16.10.06

Bibliotecamiña



Despois dunha colorida campaña publicitaria ao longo desta semana, desde o venres 13 está aberta a biblioteca, cos servizos habituais de préstamo e consulta, e o remodelado punto de lectura informal da planta baixa, onde poderedes atopar a prensa do día, revistas, banda deseñada, etc.
A partir da próxima semana botaremos a andar as primeiras actividades da biblioteca neste curso: visitas informativas para os grupos de 1ºESO, 1º BACH e Garantía Social e xogos de busca para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. E coa biblioteca abrimos tamén este noso blog, espazo aberto para compartir libros e lecturas. Benvidos.

22.9.06

Próxima apertura


Xa estamos de volta e, en breve, retomaremos a actividade deste blog que nacía no pasado curso 2005/06 desde a biblioteca do IES Auga da Laxe, dentro do proxecto de actividades Saber abre camiños e eses camiños pasan pola biblioteca. Neste curso 2006/07 a nosa biblioteca vai seguir integrada no Plan de Mellora de Biblioteca Escolares da Consellería de Educación cunha dotación económica de 9.050 euros que nos vai permitir levar adiante un novo proxecto de actividades que ha supoñer importantes novidades e melloras. Agora mesmo estamos a traballar na posta en marcha dese proxecto, polo que a biblioteca vai permanecer pechada até mediados de outubro.

10.7.06

E marchamos con poesía...

E despedímonos até o próximo curso con poesía, cos dous poemas que pecharon en xuño o recanto da poesía do noso punto de lectura. Dous poetas para desexarvos un bo verán!


DÍAS DE TREINTA GRADOS

Es verano por fin. Por la mañana,
los jardines en flor, recién regados,
cantan su exuberante vida y sana
en mil aromas vagos.

Es verano por fin. A mediodía,
el sol hace empaparse nuestras sienes
de sudor animal, y una alegría
salvaje nos enciende.

Es verano por fin. Al caer la tarde,
un brillo anaranjado el aire tiene.
Arde una rosa, y la mejilla arde
de un bello adolescente.

Es verano por fin. Y por la noche,
una brisa estelar refresca el mundo,
y no hay lugar para ningún reproche.
Es verano por fin. ¡Que dure mucho!

Carmen Jodra Davó, Las moras agraces, 1999


Sempre se agarda o verán,
deséxase
ese tempo para a noite como a herba
sen alerxia. Os amigos recuperados.
Próbase toda froita de óso,
búscanse os elepés de música xamaicana,
vaise esquecendo unha miga a choiva
e esta patria.
Sempre se agarda o verán porque detén a vida.
Veñen días lentos,
ríos,
ollos,
esváese o mundo afora,
vístense de xente as terrazas
no agre do lusco-fusco.
Saen tantas guerras da memoria.
Pero sempre se agarda un verán
que nunca chega.
E retíranse os dentes, vencidos,
da hora deserta.

Daniel Salgado, Sucede, 2004

MARCHAMOS DE VACACIÓNS!

Comezaron xa as vacacións do verán, unha boa ocasión para recomedarvos algunhas lecturas que vos acompañen neste caloroso tempo de lecer. Podedes meterlle o dente a algún dos últimos títulos da colección "Fóra de Xogo", Rúa Carbón de Marilar Aleixandre ou O inferno de Marta de Pasqual Alapont, por exemplo, ou ás novelas Cielo abajo de Fernando Marías, gañadora do premio Anaya 2005, e El señor de los ladrones de Cornelia Funke. E se vos apetece achegarvos a unha cultura de moda entre nós, propoñémosvos os relatos de Sueño profundo, da xaponesa Banana Yoshimoto.

Ademais, coa resaca do mundial de fútbol de Alemaña, recén rematado, facémosvos tamén algunhas propostas futboleiras: Déixao medrar de Silvestre Gómez Xurxo, Lume de viqueira de X. Vázquez Pintor, O gol imposible de Enrique Sanchez ou Un pueblo contra los Hamid de Oriol Vergés.

E se queredes fedellar na rede para buscar lecturas á carta, aquí van algúns sitios web que poden axudarvos: www.filix.org, www.culturagalega.org/lg3, www.sol-e.com e www.fundacióngsr.es

Desexámosvos un feliz verán de libros!!!!!!

25.5.06

Praza das Letras

Acaba de entrar na nosa biblioteca a versión en papel da revista Praza das Letras, un proxecto que nos chega desde a Consellería de Cultura e que, segundo anuncian, vai incluír, ademais da revista, unha gran web na que teñan cabida todas as iniciativas que se produzan arredor do mundo do libro.

Xa está aí o Mundial de Fútbol de Alemaña e unha das primeiras propostas que nos fai Praza das Letras é un certame literario que vai ter como protagonista o fútbol. Se tes menos de 18 anos, podes escribir un relato breve (máximo de 10.000 carácteres) que toque dalgunha maneira o tema do fútbol e envialo antes do 31 de xullo ao enderezo electrónico info@prazadasletras.org

O xurado valorará a orixinalidade e a calidade creativa e narrativa dos relatos. O gañador ou gañadora recibirá un balón de fútbol e un lote de libros. Ademais, o seu relato será publicado no próximo número da revista Praza das Letras. Anímate a participar!

A revista inclúe tamén un especial sobre o fútbol na literatura galega, con recomendacións de libros que tratan este tema. Bótalle unha ollada: tes un exemplar na biblioteca e outro no punto de lectura.

16.5.06

O poema da semana

Nesta Semana das Letras Galegas, o "Recanto da poesía" que temos no punto de lectura do instituto acolle un poema do libro Os soños na gaiola (1968), de Manuel María.

GALICIA

Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!

Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!

12.5.06

CLUB DE LECTURA: Erros e tánatos, de Gonzalo Navaza

Imos aproveitar este novo espazo para convidarvos a participar na segunda sesión do noso club de lectura o 24 de maio, ás 20,00h na biblioteca do instituto. Igual que fixemos xa a finais de marzo con Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz, ímonos xuntar de novo para falar de Erros e tánatos, un volume de relatos de Gonzalo Navaza publicado no ano 1996. Tamén desta vez imos ter a oportunidade de contar coa presenza do autor. Anímate a celebrar esta Semana das Letras Galegas lendo Erros e tánatos e achégate o día 24 á nosa biblioteca para compartirmos conversa. Se xa o liches, convidámoste a que vaias deixando aquí os teus comentarios sobre o libro.

Nace Bibliolaxe

Desde a biblioteca do instituto queremos celebrar a Semana das Letras Galegas poñendo ao voso dispor un novo espazo para compartirmos as nosas lecturas: o blog Bibliolaxe. Queremos que sexa un lugar de encontro para dar conta das novidades que entran na biblioteca, para recomendar libros, para comentar, para opinar, suxerir, preguntar ou informar sobre todo o que teña que ver co mundo do libro e a lectura.