10.7.06

MARCHAMOS DE VACACIÓNS!

Comezaron xa as vacacións do verán, unha boa ocasión para recomedarvos algunhas lecturas que vos acompañen neste caloroso tempo de lecer. Podedes meterlle o dente a algún dos últimos títulos da colección "Fóra de Xogo", Rúa Carbón de Marilar Aleixandre ou O inferno de Marta de Pasqual Alapont, por exemplo, ou ás novelas Cielo abajo de Fernando Marías, gañadora do premio Anaya 2005, e El señor de los ladrones de Cornelia Funke. E se vos apetece achegarvos a unha cultura de moda entre nós, propoñémosvos os relatos de Sueño profundo, da xaponesa Banana Yoshimoto.

Ademais, coa resaca do mundial de fútbol de Alemaña, recén rematado, facémosvos tamén algunhas propostas futboleiras: Déixao medrar de Silvestre Gómez Xurxo, Lume de viqueira de X. Vázquez Pintor, O gol imposible de Enrique Sanchez ou Un pueblo contra los Hamid de Oriol Vergés.

E se queredes fedellar na rede para buscar lecturas á carta, aquí van algúns sitios web que poden axudarvos: www.filix.org, www.culturagalega.org/lg3, www.sol-e.com e www.fundacióngsr.es

Desexámosvos un feliz verán de libros!!!!!!