10.7.06

E marchamos con poesía...

E despedímonos até o próximo curso con poesía, cos dous poemas que pecharon en xuño o recanto da poesía do noso punto de lectura. Dous poetas para desexarvos un bo verán!


DÍAS DE TREINTA GRADOS

Es verano por fin. Por la mañana,
los jardines en flor, recién regados,
cantan su exuberante vida y sana
en mil aromas vagos.

Es verano por fin. A mediodía,
el sol hace empaparse nuestras sienes
de sudor animal, y una alegría
salvaje nos enciende.

Es verano por fin. Al caer la tarde,
un brillo anaranjado el aire tiene.
Arde una rosa, y la mejilla arde
de un bello adolescente.

Es verano por fin. Y por la noche,
una brisa estelar refresca el mundo,
y no hay lugar para ningún reproche.
Es verano por fin. ¡Que dure mucho!

Carmen Jodra Davó, Las moras agraces, 1999


Sempre se agarda o verán,
deséxase
ese tempo para a noite como a herba
sen alerxia. Os amigos recuperados.
Próbase toda froita de óso,
búscanse os elepés de música xamaicana,
vaise esquecendo unha miga a choiva
e esta patria.
Sempre se agarda o verán porque detén a vida.
Veñen días lentos,
ríos,
ollos,
esváese o mundo afora,
vístense de xente as terrazas
no agre do lusco-fusco.
Saen tantas guerras da memoria.
Pero sempre se agarda un verán
que nunca chega.
E retíranse os dentes, vencidos,
da hora deserta.

Daniel Salgado, Sucede, 2004

5 comentarios:

Rapas dijo...

Nunca entrei neste blog, non sei se por falta de tempo (primerísima causa de despiste na miña vida), ou porque son un vago (2º causa de peso na miña vida).Feitas as desculpas, expoño a miña opinión. Paréceme unha inciativa brillante, sen dúbida, o deste blog, pero tamén penso que se podía chegar a enriquecer. Galicia somos todos os galegos, é certo, pero tamén vivimos no mundo. Explícome. Nos institutos a cultura mundial é escasa, é dicir, sacade aun alumno de 1º de bacharelato da cultura galega, española e inglesa (a maiores francesa), e o pobre vai cos ollos pechados polo mundo. É triste que se algún alumno quera coñecer o mundo no que vive que o teña que facer pola súa conta. Galicia non é máis que unha peza no quebracabezas do mundo. Por exemplo: é maravilloso que un chaval saiba porqué Galicia é unha terra asoballada; ábrelle os ollos; pero claro, tamén é maravilloso, ao meu parecer, que esa mesma persoa saiba que é un bindi na India, ou que poda dicir: "No meu instituto hoxe vemos unha película (dalle o nome que queras, por poñer un exemplo, Devdas) extranxeira. Da India. Nunca coñecera este tipo de pelis."
E entón é cando o rapaz dirá, gústame ou non. Resumo, por se vos atopades algo perdidos: Os nenos teñen que coñecer Galicia, pero tamén no mundo no que está. Fomentar o gusto polo coñecemento e a cultura non televisiba nas aulas.
Por suposto, isto só é a miña opinión. Gustaríame moito que se me contestase a este comentario, para ter varios puntos de vista diferentes. Incluida a opinión dun profesor. Bicos a todos os que lean isto. O meu e-mail é: arturo_from_8@hotmail.com

Concha dijo...

Levas razón, coñecer e "vivir" outras culturas é fundamental para comprender o mundo no que vivimos. De feito na biblioteca do instituto que botou a andar este blog hai unha boa sección de traducións doutras literaturas e, se lle botas unha ollada ao arquivo da nosa web (www.augadalaxe.com), verás que este pasado curso organizamos unhas interculturais nas que houbo moitas actividades que tiñan como obxectivo o mellor coñecemento doutras culturas e a importancia da relación entre culturas, precisamente porque pensamos que ese coñecemento do mundo é importante na formación do noso alumnado.
Con todo, non me negarás que resulta triste ás veces comprobar que os galegos e galegas temos un descoñecemento enorme da nosa cultura e da nosa historia e non é difícil atopar rapaces que saben de memoria capitais de moitos países ou nomes de ríos do mundo enteiro mais non coñecen o seu propio país. Son coñecementos perfectamente compatibles e temos que aprender a valorar o propio ao tempo que educamos a sensibilidade e o respecto necesarios para saber valorar o alleo.
Dis que o blog pode enriquecerse. Sen dúbida. Está comezando e todas as ideas, propostas e comentarios que axuden a melloralo son benvidas.

rapas dijo...

Hola de novo. Perfectamente de acordo. É certo que é triste atoparte con alumnos que non teñen nin idea de por onde pasa o río Miño, se por Ourense ou por LUgo. Non te rías, non é chiste, os ai. A historia galega, xa é máis difícil de coñecer, posto que a súa divulgación e escasísima. Un par de datos mal contados nos libros de texto. Insufuciente. Eu son alumno, e creo que nos institutos deberían realizarse charlas sobre outros temas q non sexa o sexo, ¿entendes? Por exemplo. un coloquio con un arqueólogo au con un historiador, sobre a historia de Galicia, ao mmeu ver, sería algo moi interesante e enriquecedor. O problema das charlas é o pouco interese que hay por coñecer o que se expón. Penso que ate se poderían facer con 10 ou 15 alumnos nun café. Non sei. Penso que a divulgación da cultura galega é unha obriga. E a triste realidade é o abismal abandono da mesma. Eu colaborei durante 4 ou 5 anos nun grupo de baile folkórico. E é unha auténtica vergoña observar dertas cousas. E certos bailes ao estilo moderno. Verfoña puera. E iso que aínda son xoven. Veremos cando teña 40 anos.
En fin, grazas pola contestación. Interesante o que pos.

Anónimo dijo...

Xa non é verán :-(

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,