Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogos. Mostrar todas las entradas
9.4.10
Tres memorias de elefante
María Pena (3ºESO-B), Marta Fernández (4ºESO-B) e Sandra Salgueiro (4ºESO-B) foron as gañadoras do xogo Memoria de elefante co que a biblioteca pechou o 2º trimestre. Estas tres alumnas foron quen de recitar de memoria e por orde os 45 títulos das obras de Agustín Fernández Paz que durante máis de un mes estiveron colgados no patio do instituto. Desde a biblioteca, os nosos parabéns!
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
dinamización,
xogos
26.2.10
MEMORIA DE ELEFANTE
A biblioteca acaba de convocar o xogo do 2º trimestre: Memoria de elefante. Coa colaboración do profesorado de Plástica, Dorinda e Paco, e do alumnado de 1º, 3º e 4ºESO, puxemos dando dúas voltas ao patio interior do instituto uns rótulos cos títulos de todas as obras de Agustín Fernández Paz. O xogo proponlle ao alumnado que queira participar que memoricen todos os títulos: gañará o que consiga dicir por orde e cos ollos tapados o maior número posible de títulos, todos se é posible. Teñen até o 23 de marzo para memorizalos e anotarse. Os días 24 e 25 faremos o concurso nos recreos.
Etiquetas:
Agustín Fernández Paz,
dinamización,
xogos
18.6.09
Boas vacacións e boas lecturas!
A biblioteca entregou xa os útlimos premios aos alumnos e alumnas que conseguiron máis bibliopuntos ao longo do curso (Sabela Vilar, Federico Villar, Enrique Crespo, Lucía Aguiar e María Pena) e está estes días facendo os últimos préstamos de lotes de libros para as vacacións. Marchamos, pero queremos facelo deixándovos unha recomendación de lectura dun libro que acaba de entrar na nosa biblioteca: Lúa do Senegal, de Agustín Fernández Paz, unha novela que nos achega á historia de Khoedi, un nena que ten que deixar a súa casa do Senegal para vir a instalarse en Vigo.Deixámosvos tamén unha ligazón cunha páxina de xogos que preparou o noso alumnado de 1ºBach coa súa profesora de Tecnoloxía, Elena Fernández, a partir de diferentes libros de Agustín Fernández Paz. Agradecéndolles este fantástico traballo, desexámosvos unhas boas vacacións cheas de boas lecturas.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)