Logo da paréntese que onte provocou no xogo a suspensión das clases, hoxe continuamos preguntando...
QUE frase podía lerse no frontispicio da Academia de Platón?
ONDE se escondía o chamado palimpsesto de Arquímedes?
COMO quería ser premiado o brahmán que obsequiou a un rei da India co xogo do xadrez, descoñecido ata o momento?
QUEN escribiu o seguinte texto?
A Filosofía está nese gran libro do Universo, que está acotío aberto ante nós (...) Está escrito na linguaxe das Matemáticas e os seus caracteres son triángulos, círculos e outras figuras xeométricas, sen as cales sería imposible entender unha soa palabra.
Podes atopar a resposta nun libro da biblioteca. Está na introdución dun dos capítulos dunha historia das Matemáticas. Ademais o número do capítulo coincide co número de caras dun dos poliedros regulares.
CANDO naceu o autor dun gravado onde se ve unha man debuxando outra man a cal está debuxando a primeira man?
CANTAS mulleres recibiron o premio que leva o nome dun dos principais artífices dos traballos do Bletchley Park para descifrar os códigos secretos nazis da máquina Enigma durante a Segunda Guerra Mundial?
- Equipo Ghalisia d'Sar: 15 puntos (5+4+6)
- Equipo Made in China: 16 puntos (6+4+6)
- Equipo Los Yogures: 11 puntos (1+5+5)
3 comentarios:
Imos gañando nós! Por algo será...
sisi todos tranquiliños que o que rie de ultimo rie mellor ademais aínda esta por ver.. hahhhaahaha!
bea,cocha,anxo,etc o de vigo o final no é valido non?
Publicar un comentario