15.12.09

QUE? QUEN? CANDO? COMO? CANTO? ONDE? - 3

Continúa o xogo de busca da biblioteca cunha nova quenda de preguntas que hoxe recibiron os grupos participantes:

Tema: Cultura Clásica

QUE cambio tes que facer nas letras para que unhas guerras "túnicas" se transformen nunhas guerras entre os romanos e os fundadores de Cartagena?

QUEN se enfrontou ós gregos nunhas guerras do século V a.C. que ben poderían ter sido de persoal sanitario?

CANDO ocorrerá algo que se di que vai pasar ad kalendas/calendas graecas?

COMO se chama a obra máis famosa dese escultor grego que se divertía mirando?

CANTO terías que percorrer en metros para completar a proba atlética que leva o nome dunha famosa batalla das guerras da pregunta quen?

ONDE podes atopar un porteiro con tres cabezas (e lembra que non todo é fútbol)?

Nesta ocasión, dado que a Consellería de Educación suspendeu as clases de mañá, os grupos terán un chisco máis de tempo para buscar as respostas, que deberán entregarse na biblioteca no recreo do xoves 17. Como consecuencia deste cambio, e para manter a totalidade das fichas previstas, as últimas preguntas entregaranse o venres 18 e o xogo rematará o luns 21.

1 comentario:

Made in China dijo...

Que faciles desta vez...