14.12.09

QUE? QUEN? CANDO? COMO? CANTO? ONDE? - 2

Continuamos co xogo de busca deste trimestre. Logo de revisarmos as respostas entregadas hoxe, as puntuacións dos catro equipos participantes é a seguinte:

- Equipo Os de Mañufe: 6 puntos.
- Equipo Ghalisia d'Sar: 5 puntos (este equipo ten un punto pendente de adxudicar á espera de confirmar un dato ofrecido nunha das respostas).
- Equipo Made in China: 6 puntos.
- Equipo Los Yogures: 1 punto.

Aquí vos deixamos as preguntas de hoxe:

Tema: Bioloxía e Xeoloxía.

QUE crustáceo utiliza o ano para poder beber?

QUEN foi o primeiro ser humano que viu saír o sol dúas veces en dúas horas?

CANDO chegou C. Darwin por primeira vez ás Illas Galápagos?

ONDE van desovar as anguías dos países do Atlántico?

CANTO aumentou a distancia entre Gondomar e Nova York desde que Colón descubriu América?

COMO se chama a teoría que dicía que a vida da terra era de orixe extraterrestre?

As respostas deberán estar na caixa da biblioteca no recreo de mañá martes.

2 comentarios:

ghalisia d'sar dijo...

bea, concha só se vos ocurre a vos preguntar que crustáceo bebe polo ano.. aiii.. =)

La cucaracha, la cucaracha ya no puede caminar... dijo...

E cal é o nome do becho ese que bebe polo cú?