Acaba de presentarse Leer.es, un novo portal virtual dedicado á lectura e dirixido fundamentalmente á xente nova. Está promovido polo Ministerio de Cultura, en colaboración coas comunidades autónomas, a RAE e o Instituto Cervantes.
Segundo se di no propio portal, pretende transmitir o entusiasmo pola lectura e animar á súa práctica, así como ofrecer materiais e consellos para os docentes e as familias. Dispón, entre outras moitas cousas, dun blog no que se pode acceder ás conferencias e paneis do Congreso Leer.es, desenvolvido os días 13, 14 e 14 de novembro en Madrid.
19.11.09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario