15.5.09

Letras Galegas 2009

Estamos ás portas do Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro. No patio central do instituto temos instalada unha exposición sobre a vida, a obra e a época que lle tocou vivir. Ao longo da próxima semana, todo o alumnado do centro visitará esta exposición e realizará durante a visita unha actividade co profesorado de Lingua galega.

Ademais, desde a biblioteca, propoñémosvos para a próxima semana unha Olimpíada da Letras Galegas, un xogo de busca de información no que poderán participar grupos de catro alumnos e alumnas. Cada grupo recibirá todos os días unha folla con preguntas relacionadas coa celebración do Día das Letras Galegas. O xogo rematará o venres cunha superpregunta que deberá resolverse durante o recreo na propia biblioteca. Cantas máis resposta correctas, máis puntos se poderán conseguir e máis posibilidades de acceder ao premio final: un cheque de 25 euros para cada un dos membros do equipo, que se poderá gastar en calquera das librarías de Gondomar.


No hay comentarios: