Comezamos o 2º trimestre, que nos ha traer novas propostas desde a biblioteca: 4x4, lecturas todoterreo ou Vexo, vexo, ti que les? son algunhas das ideas que irán aparecendo nas próximas semanas. Chegarán tamén as mochilas viaxeiras, o club de lectura e o álbum de cromos, unha iniciativa que tivo moi boa acollida o curso pasado. E falaremos moito de Agustín Fernández Paz.
Mentres todo iso vai botando a andar, deixámosvos cos poemas que nos acompañaron neste comezo do 2º trimestre desde o recanto da poesía:
SE NON SORRÍS COMIGO
Se non sorrís comigo, amor, non vivo.
Sen a túa beleza, ¿quen me eleva?
Sen a túa calor, ¿quen me dá brío?
Sen a túa alegría o mundo enteiro
é ancián engurrado, feo, irto.
Sen o hálito teu reina invernía.
Sen a túa palabra murcha o espírito.
Sen ti non chouta o corazón no peito.
Sen ti todo me sabe amargo, insípido;
todo é estrafalario, sen sentido,
sen luz, como un gran tunel escurísimo.
Sen a túa pel suave todo é toxo.
Sen o soar do riso da túa boca
os paxaros non dan cantos nin chirlos.
Sen as súbitas luces dos teus ollos
xa nin lúa nin sol ofrecen brillos.
Todo se volve fusco, mouro, bruto.
O próximo é un muro empedernido;
o mar, inmenso pranto sobre a praia.
Xa nada ten valor e xa non quero
erguerme na mañá. Xa todo é frío.
Se non te teño, amor, ¿para que vivo?
Bernardino Graña, Sen sombra e sen amor.
LA FUERZA DEL DESEO
Me preguntan por ti.
Yo no quisiera ni pronunciar tu nombre.
Sé demasiado bien
qué ocurre cuando llamas a las cosas:
que vienen.
Sé demasiado bien qué peligro se corre:
el de que vengan.
Inmaculada Mengíbar, Pantalones blancos de franela
21.1.09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
las dos poesías me han encantado: enhorabuena por la selección
chus b
Publicar un comentario