8.5.08

Ven á semana fantástica... da biblioteca!

Logo de que a biblioteca recuperase o seu aspecto habitual e desaparecesen as obras e cables que nos inundaron este último mes, convidámosvos a achegarvos á nosa semana fantástica. Tanto no punto de lectura como na propia biblioteca tedes destacadas esta semana as novidades de literatura fantástica que fomos incorporando. Inclúense, entre outros, os tres títulos da triloxía de Fairy Oak, que algúns dos nosos alumnos e alumnas nos pediron.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola eu son Araceli de 1ºeso c e gustariame ler o 2 libro de anxo fariñas porque o primeiro estuvo mubn

un saudo

Araceli 1ªeso -c

Biblioteca dijo...

"Os Megatoxos e a espada esmeralda" está xa pedido para a biblioteca, Araceli. Esperemos que poidas atopalo alí esta semana.

Anónimo dijo...

¡¡Ola!!son Aldara de 1ºC e gustoume que traxerades os libros de fairy Oak
son moi bonitos pero tardase moito en leelos .(en internet ahi colgado un fragmento do libro"os megetoxos e a espada esmeralda"esta moi bn.