11.6.07

BOA VIAXE!



Esta semana temos no patio central do instituto unha exposición de libros da biblioteca sobre viaxes, reais e fantásticas, a diferentes lugares do mundo ou da imaxinación. Convidamos o noso alumnado a viaxar con eses libros a través do xogo de busca "Etapa a etapa" que lles propón catro viaxes (azul, verde, amarela e vermella). Todos os días –desde o luns até o xoves– irémos formulando no tabolerio que está a carón da exposición unha pregunta para cada viaxe. Para completar os catro itinerarios deben atopar as respostas correctas ás catro preguntas que constitúen as distintas etapas e escribilas nas fichas de participación que están alí ao seu dispor. Poden escoller unha das catro viaxes ou tentar facer as catro. As respostas a todas as preguntas atópanse nos libros que están na exposición.

Entre os rapaces que opten por realizar unha das catro viaxes sortearemos un cheque de 20 euros para gastar nalgunha librería de Gondomar. Ademais, haberá un premio especial: entre todos os que decidan realizar as catro viaxes respondendo correctamente as 16 preguntas do xogo sortearemos un cheque de 50 euros para gastar tamén nalgunha librería da vila.

As preguntas de cada etapa poñeranse cada día entre o luns e o xoves ás 12:00h. Teñen de prazo para depositar as fichas de participación coas respostas na caixa que hai ao lado da exposición até o venres, 15 de xuño, ás 12:30h.







6 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Poderemos copiar a idea do expositor?
Parabéns polo traballo

Chispa dijo...

A idea é fabulosa e a presentación máis. Espero que vos vaia todo ben e que teñades a moitos lectores desexosos de emprender as viaxes.
Parabéns.

biblioarzua dijo...

Felicidades polo traballo, realmente fantástico, a vosa imaxinación non ten límites. Deséxovos voa viaxe...

tagora dijo...

Excelente idea, e que atractivo o expositor... que ganas de xogar e de viaxar...

O Segrel do Penedo dijo...

Viaxar sempre é marabilloso, pero cando as viaxes son a traveso do mundo da imaxinación poucas cousas hai mellores... Parabéns!!

freefun0616 dijo...

酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店經紀,
酒店打工經紀,
制服酒店工作,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
專業酒店經紀,
合法酒店經紀,
酒店暑假打工,
酒店寒假打工,
酒店經紀人,
菲梵酒店經紀,
酒店經紀,
禮服酒店上班,
酒店小姐兼職,
便服酒店工作,
酒店打工經紀,
制服酒店經紀,
酒店經紀,

,