25.5.06

Praza das Letras

Acaba de entrar na nosa biblioteca a versión en papel da revista Praza das Letras, un proxecto que nos chega desde a Consellería de Cultura e que, segundo anuncian, vai incluír, ademais da revista, unha gran web na que teñan cabida todas as iniciativas que se produzan arredor do mundo do libro.

Xa está aí o Mundial de Fútbol de Alemaña e unha das primeiras propostas que nos fai Praza das Letras é un certame literario que vai ter como protagonista o fútbol. Se tes menos de 18 anos, podes escribir un relato breve (máximo de 10.000 carácteres) que toque dalgunha maneira o tema do fútbol e envialo antes do 31 de xullo ao enderezo electrónico info@prazadasletras.org

O xurado valorará a orixinalidade e a calidade creativa e narrativa dos relatos. O gañador ou gañadora recibirá un balón de fútbol e un lote de libros. Ademais, o seu relato será publicado no próximo número da revista Praza das Letras. Anímate a participar!

A revista inclúe tamén un especial sobre o fútbol na literatura galega, con recomendacións de libros que tratan este tema. Bótalle unha ollada: tes un exemplar na biblioteca e outro no punto de lectura.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Parabéns polo blog!